Sinopsis
(GALEGO ORIXINAL)
O libro "Da Terra asoballada" publicóuse en Vilagarcía de Arousa o ano 1917. Case estóu por decir que é este o libro máis compacto de poesía civil que producíu a nosa literatura. Non hai poema que non denuncie ou non combata unha miseria colectiva do vivir galego. Quero decir que non hai poemas intimistas, ou paisaxistas, ou evasivos..., e o certo é que inda un libro como "Aires da miña terra" de Curros Enríquez contén algunhas páxinas alleas á poética civil. No libro de 1917, inteiramente civil, figuran, entre outros, os poemas que en 1915 somente constituien unha seución nun volume. ¿Qué é o que puido suceder pra que Ramón Cabanillas, home de varias musas probadas, soio pulsase esta corda? Pois unha politización do poeta diante das protestas e levantamentos populares de O Porto do Son, Nebra, Narón, Amio e Sofán, algúns con mortos dabondo...
Todavia no hay ninguna reseña.