NON HAI MISERICORDIA

Portada del libro NON HAI MISERICORDIA

Autor
XELÍS DE TORO
ISBN/ASIN
8487783015
Género
Literatura contemporánea
Editorial
EDICIÓNS POSITIVAS
Edición
1990
Páginas
139
Creada por
Naijobuey

Sinopsis

A estructura de "Non hai misericordia" xira arredor dalgúns relatos que son o pretexto para que varios contertulios dialoguen nun programa radiofónico sobre o tema da violencia. Esta idea sérvelle ao autor para facer unha recreación paródica do xeito de expresarse que ten cada un dos participantes: un sociólogo, un teólogo, un psicólogo e un asistente social. Unha aposta arriscada e orixinal que procura e merece a complicidade do lector, conquistada cun uso da linguaxe coloquial moi ben dosificado, e que lle abre as portas da literatura ás realidades menos gratas da nosa sociedade. O protagonista absoluto de "Non hai misericordia" é a violencia nas súas diversas manifestacións. Polas súas características estructurais, pola súa fasquía temática, a narración crúa, tensa e directa, pola linguaxe asequible, esta obra, recuperada agora dentro de Xerais Peto, está chamada a ser revisitada e recoñecida por un amplo abano de lectores.

7


1 voto

import_contacts Más libros

library_books Reseñas

Todavia no hay ninguna reseña.